jueves, mayo 24, 2012

ACTUACIÓN!

  Este sábado 26 de Maio as 20:00 h, actuamos no auditorio de Goián (no baixo Miño) coa obra de Gordechas. é unha actuación benéfica, xa que o que se pague das entradas vai en axuda o pobo Saharaui. Temos tamén unha nova actriz que debuta este día. Chámase Begoña e sustitue a Isaura no papel de Elvira. Moito ánimo e moita merda!


domingo, mayo 01, 2011

ESTREA DE "GORDECHAS"

4 E 5 DE MAIO AS 20:30h. AUDITORIO DO CONCELLO DE VIGO
GORDECHAS" ("GORDITAS"), é unha comedia satírica, do autor venezolán Gustavo Ott. Un texto que fala da realidade da muller contemporánea, mergullada no mundo da imaxe, onde a identidade desfigúrase nun desexo desmedido de prestixio, de poder, e de recoñecemento social.

Utilizando o sarcarmo e a ironía, non fala das mulleres en xeral, fala dalgunhas mulleres que neste mal chamado primeiro mundo, nesta sociedade mercantilizada, compiten polo poder, nun mundo ata hai pouco exclusivamente de homes.

A Muller Espectáculo, desesperada por alcanzar unha similitude cun maniquí dos mais finos escaparates, desesperada pola igualdade no campo profesional donde ela mesma termina convertíndose en parte do problema.

A corrupción moral emerxe tamén no universo femenino, na súa integración no mais brutal engranaxe: o mercado laboral. O culto ao corpo, á imaxe, aos negocios, ao medio publicitario, retratan a unha muller moderna que pode convertir aos demais en víctimas por acadar o éxito profesional.Vostedes poderán ver a estas catro mulleres no escenario e atopar o que nelas está agochado.

ELENCO: Mercedes Alonso, María Alvarez Lagarón, Beatriz Míguez, Isaura Vilas

DIRECCIÓN: Xerome Calero e Antón Casal

jueves, marzo 31, 2011

DATAS DE ACTUACIÓNS

  • 2 DE ABRIL- "Por diante...e por detrás". Centro social de Bueu. 21:00 h.
  • 4-5 DE MAIO- ESTREA de "GORDECHAS". Auditorio municipal de Vigo
  • 14 DE MAIO- "Por diante..e por detrás". Multiusos de Redondela 20.00h.
  • 15 DE MAIO- "Gordechas". Centro cultural de Valadares.21:00 h.
  • 22 DE OUTUBRE- "Gordechas". Monte da Mina de Castrelos. 19:00h.
  • 6 DE NOVEMBRO- "Gordechas". Centro cultural de Beade.18:00h.
  • 12 DE NOVEMBRO- "Gordechas". Auditorio Luis Tobío. Gondomar
  • 17 DE DECEMBRO- "Gordechas". Conservatorio profesional da Florida.Vigo.20:00h.

ACTUACIÓN DE OURENSE

Na última actuación de"Por diante...e por detrás" do 13 de febreiro, no teatro principal de Ourense, fixeron a seguinte crítica nun diario dixital chamado Tempo de lecer, pinchade na foto

viernes, noviembre 20, 2009

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS:

  • 27 de Marzo: Auditorio Municipal de Goián- Tomiño.- 21:00 h.
  • 24 de Abril: A.VV. San Paio de Navia.- 20:00 h.
  • 8 de Maio: C.C. San Miguel de Oia.- 20:00 h.
  • 14 de Maio: Centro Cívico de Teis .- 19:00 h.
  • 2 de Outubro: S.C.D. Atlántida de Matamá.- 20:00 h.
  • 20 de Novembro: AETRAVI. Paraninfo IES Santa Irene.- 20:00 h.
  • 21 de Novembro: A.VV. Santa Mariña de Cabral. 18:00 h.
  • 12 de Decembro: Multiusos das Pozas. Mos. 19:00 h.

"POR DIANTE E... POR DETRÁS"

Nova estrea de Máscara Produccións. "Por diante e por detrás"
Unha histérica compañía de teatro, unha estrea e unha xira. Sardiñas,enredos sexuais e portas, moitas portas. Así é a comedia, así é o teatro...como a vida mesma. Unha ollada ao mundo do teatro por diante e por detrás. Unha comedia onde todo o mundo é “pillado no Acto”.
  • AUTOR:...........................................MICHAEL FRAYN
  • TRADUCIÓN:..............................ANTÓN CASAL
  • ADAPTACIÓN:...............................ANTÓN CASAL-XEROME CALERO
  • ESCENOGRAFÍA:...........................PABLO PUGA
  • DESEÑO SON E ILUMINACIÓN:.......XEROME CALERO
  • VESTIARIO:....................................MÁSCARA PRODUCCIÓNS.
  • FOTOGRAFÍA.................................MANUEL VICENTE

Elenco Artístico:

BIEITO e LUCAS.............................MARCO ALVAREZ

ANA e LAURA.................................MARÍA ÁLVAREZ LAGARÓN

LOIS..................................................XEROME CALERO

CHELO..............................................VERÓNICA CODESIDO

SRA. COUTO e SOFÍA....................BEATRIZ MÍGUEZ

FELIPE e FRANCIS.........................BENI A. CORREA

VANESA e LORENA........................MERCHI ALONSO

TETÉ..................................................ISAURA VILAS

DIRECCIÓN........XEROME CALERO E ANTÓN CASAL

FOTOS