domingo, mayo 01, 2011

ESTREA DE "GORDECHAS"

4 E 5 DE MAIO AS 20:30h. AUDITORIO DO CONCELLO DE VIGO
GORDECHAS" ("GORDITAS"), é unha comedia satírica, do autor venezolán Gustavo Ott. Un texto que fala da realidade da muller contemporánea, mergullada no mundo da imaxe, onde a identidade desfigúrase nun desexo desmedido de prestixio, de poder, e de recoñecemento social.

Utilizando o sarcarmo e a ironía, non fala das mulleres en xeral, fala dalgunhas mulleres que neste mal chamado primeiro mundo, nesta sociedade mercantilizada, compiten polo poder, nun mundo ata hai pouco exclusivamente de homes.

A Muller Espectáculo, desesperada por alcanzar unha similitude cun maniquí dos mais finos escaparates, desesperada pola igualdade no campo profesional donde ela mesma termina convertíndose en parte do problema.

A corrupción moral emerxe tamén no universo femenino, na súa integración no mais brutal engranaxe: o mercado laboral. O culto ao corpo, á imaxe, aos negocios, ao medio publicitario, retratan a unha muller moderna que pode convertir aos demais en víctimas por acadar o éxito profesional.Vostedes poderán ver a estas catro mulleres no escenario e atopar o que nelas está agochado.

ELENCO: Mercedes Alonso, María Alvarez Lagarón, Beatriz Míguez, Isaura Vilas

DIRECCIÓN: Xerome Calero e Antón Casal