A compañía crease en Vigo no ano 1971 . Nacía así, MÁSCARA-17 TEATRO INDEPENDENTE. A primeira montaxe “Ceremonia por un negro asesinado” non pode estrearse oficialmente xa que o Goberno Civil franquista prohibe a estrea, a pesar de estar xa anunciada na prensa a data do 8-10-1971. Os espectáculos realizados entre 1971 e 1980 son: -CEREMONIA POR UN NEGRO ASESINADO (F. ARRABAL) -EL CABALLO DEL CABALLERO (CARLOS MUÑIZ) -LA NOTICIA(LAURO OLMO) -EL MALENTENDIDO (ALBERT CAMUS) -ACTO SIN PALABRAS (S. BECKETT) -LA PANCARTA (JORGE DIAZ) No ano 1974 o grupo toma a determinación de facer teatro en galego, e así retómanse os espectáculos: -A PANCARTA” (JORGE DIAZ) -ACTO SEN VERBAS (S. BECKETT) -O XENERALIÑO(JORGE DIAZ). Espectáculo infantil que participou na 7ª Mostra do Teatro Galego ABRENTE de Ribadavia, e na 5ª Mostra do Teatro Galego de Vigo, no ano 1979. O grupo participa na Asociación de grupos de teatro de Vigo, que organizan as Xornadas de Teatro e as Mostras de Teatro de Vigo, referentes teatrais en Galiza e no Estado. No ano 1980 comenza o proceso de profesionalización que tomará corpo na montaxe Os Emigrados do autor polaco S. Mrozek. A partir do ano 1980 e coa estrea do anterior espectáculo, o 27-5-1981, a compañía realiza as seguintes montaxes: -OS EMIGRADOS (S. MROZEK) -ZÁNGALLA-MÁNGALLA(Colectivo de diversos autores) -DONA NOITE E OS SEUS AMIGOS( APULEYO SOTO) -POR DIOS EROS. ( A partir de textos de SANCIS SINISTERRA, AGUSTIN DE ROJAS, ALONSO DE SANTOS, ALFONSO SASTRE, ROMERO ESTEO, GARCIA PINTADO e textos propios). Con este espectáculo a cía. sae por primeira vez de Galiza, xa que son seleccionados para actuar nos Festivales de Navarra, no Festival Sanlucar 84, e no 3º Festival de Teatro Joven de Albacete. -AHL KHARALLO LIGHT(textos propios).Seleccionado para a FITEI de PORTO. -FAJANJASTOAFJANISTANIRAN (RICARDO ALVAREZ) -ÑEÑEÑÉ-UKAKÁ (RICARDO ALVAREZ) -LABIO LEPORINO (RICARDO ALVAREZ) -No ano 1986 traballan para Videoesquimal Produccións no espectáculo AFTER SHAVE (opereta multimedia de Antón Reixa e Julián Hernández), estreada no Palacio da Magdalena en Santander dentro da “Semana de de las Fuerzas Atroces del Noroeste”. -Tamén participan nas películas deCHANO PIÑEIRO “EU O TOLO” E “MAMASUNCIÓN”. -Nos vídeos, After Shave de A.Reixa e no videoclip Hermano Bebe de Siniestro Total. -Realizan a serie“CONTANDO CONTOS” para a TVE de Galicia dirixida por Xulio González Lourenzo. -Na radio fan para RadioCadena Española e para Radio Nacional de España os programas “A PULGA EN CELO” e “ FACEMOS ENTRAR AS MATEMÁTICAS NA MOVIDA?, durante catro anos. O ano 1996 marca outra etapa da compañía, pasando xa a chamarse MÁSCARA PRODUCCIÓNS, e realizando ata a actualidade os seguintes espectáculos, coa dirección de ANTÓN CASAL e XEROME CALERO. -E PERIGOSO ASOMARSE O INTERIOR (versión da obra de DARIO FO, “La mueca del miedo”.) -MAIS SE PERDEU EN CUBA (ALFONSO SASTRE,versión de “Ahola no es de leil”). -GUILLADOS (J.L.ALONSO DE SANTOS, versión de “Fuera de quicio”). -MALANDROS (MARIO ZAMBUJAL) A partir do ano 2003 o director da compañía é XEROME CALERO, levándose a cabo os seguintes espectáculos: -DISCURSO SOBRE O FILLO DE PUTA (ALBERTO PIMENTA, dramaturxia a partir do texto, de Xerome Calero) -CALDO DE CONCIENCIA ( dramaturxia de Xerome Calero a partir de textos de J.J.MILLAS,E. HARO TECGLEN, GABER,PONTE DI PINO,CIPOLLA, MARX(KARL),VAZQUEZ MONTALBAN, A SANTISIMA TRINIDADE E A CONFERENCIA EPISCOPAL). - ASALTO DE CAMA (JUANLUIS MIRA). - POR DIANTE... E POR DETRÁS (MICHAEL FRAYN). Dirección de Xerome Calero e Antón Casal - GORDECHAS (GUSTAVO OTT). Maio 2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario